Con que idade se pode ingresar na residencia?

De conformidade coa lexislación hai que ter 65 anos cando menos. Pode ser a unha idade menor, pero ten que solicitar autorización na Xunta de Galicia

Cales son os profesionais sanitarios dos que dispoñen?

Temos servizos médicos, enfermeira e fisioterapeuta

A residencia é durante todo o día?

A residencia é permanente, as 24 horas.

¿Como podo saber o prezo dunha praza?

O custo da estadía estará de acordo co Grao de Dependencia do residente. Necesitamos falar e concretalo. Para iso, chamenos ou escriba un correo dándonos o teu teléfono e nós porémonos en contacto con vostede.

No prezo que se inclúe?

Inclúe todo, a non ser o peiteado (cortar e tinxir), pedicura de podólogo e custo de co-pagamento farmacéutico. En Ximará dámoslle o servizo de perruquería, o de pedicura e xestionamos na farmacia as súas menciñas (sen custo).

O espazo exterior de Ximará é seguro?

Ao interior de Ximará non poden acceder vehículos, salvo ambulancias e esporádicamente para a carga e descarga. Os residentes gozan dunha área de xardín segura adicada exclusivamente a os residentes e as súas familias.