O edificio foi concebido e construído co criterio do maior
aproveitamento enerxético posible. Os materiais empregados, tanto no
interior como no exterior, teñen unha fabricación e unha reciclaxe
idóneas para a sostenibilidade dos recursos naturais. A orientación é
predominantemente sur na maioría dos espazos habitables (dormitorios e
salas de estar). O sol inunda todos os espazos comúns así como os
corredores que, doutra banda, teñen unha anchura suficiente para o paso
de 2 persoas en cadeira de rodas.
Dispón dunha sala moi ampla orientada e doutras dúas máis pequenas para
que cada usuario atope o lugar idóneo para a súa tranquilidade.
Os corredores sempre estarán asollados e son amplos para permitir longos
paseos durante eses días de inverno e de choiva onde saír ao exterior é
máis ben difícil. Aínda que dispoñemos de lugares ao exterior cubertos.
A residencia atópase rodeada na súa totalidade por un amplo xardín de
2500 m2. Toda a volta é perfectamente accesible non existindo nin un
só peldaño nin no interior nin no exterior. A zona verde e a zona
empedrada forman un único pavimento, non se crean desniveles nin
bordos entre eles.
Enerxéticamente o edificio dispón da última tecnoloxía como a calefacción
por chan radiante a base de auga, producción de enerxía
por xeotermia (aproveitando a calor da auga do subsolo), illantes na
fachada de 8cm de espesor (Poliestireno Extruído e Tripomant)
A cuberta plana con 8 cm de illamento (Nosa-Losa) é totalmente desmontable para un
posible mantemento e está executada con láminas impermeabilizantes sen
P.V.C. (Bituthene 3000)
A fachada trasventilada é de granito e de cerámica (Techlam), ésta con colorantes
naturais.
Os vidros das fiestras son dobres cunha cámara de 14 mm para un maior
illamento e o aluminio (Alumafel Unno-Thermic) con rotura da ponte térmica.
Os chans en todo o edificio son de tarima flotante de madeira co que se
logra unha gran calidez e confortabilidad.
Ata a peche exterior da residencia é de madeira, material co que se
logra unha excelente integración co entorno.
Dispón dun completo sistema de protección contra os incendios, ata con
depósito de auga para unha urxencia e grupo electróxeno para alimentar
os motores no caso de que se interrompese o fornezo eléctrico.
Na sala principal existe unha cheminea pra gozar, cando apeteza, do
lume no interior.
O xardín é un espazo no que cada planta e árbore están perfectamente
colocados segundo a súa orientación e o seu uso.
Dispoñemos dunha pequena horta pra aqueles usuarios que desexen ver
medrar os seus propios froitos.
E todo este sistema está controlado coa axuda dun sistema domótico no
que a iluminación, calefacción, ventilación, apertura de fiestras e
portas, e ata os sistemas de seguridade (alarmas médicas do residente e outras
de tipo técnico) están optimizados para un mellor aproveitamento da
enerxía e contribuir á sostenibilidade (Discon-Cogaprel de www.cogaprel.com).
O edificio foi concibido para que o usuario goce do sol, do xardín
exterior e dun interior adaptado.
|